Nova web do libro Máster Software Libre en Galicia, Ano II
Publicamos unha nova páxina web adicada ao libro Máster Software Libre en Galicia, Ano II, libro, que editamos dende a Asociación GHANDALF fai xa uns anos, e que recolle os traballos fin de mestrado dos alumnos da segunda edición do Máster de Software Libre, traducidos ao galego.
Dende GHANDALF, cremos na importancia da difusión do Software Libre, así como na importancia de dispoñer de documentación en galego que achegue esta o coñecemento aberto á nosa terra.
Hackathon Sanjurjo Badia
Este pasado fin de semana, tivo lugar en Vigo, o Hackathon Sanjurjo Badia, organizado por Eloy Coto e Jesús Sayar, o evento reuniu a 80 persoas que estiveron a traballar durante os dous días que durou o mesmo. A idea deste hackathon era a de crear proxectos de Internet of Things (IoT) relacionados co mar. Agrupados por equipos nun ambiente de colaboración pero tamén de competición, os participantes contaban cunha placa UDOO Neo, un combinado de RaspberryPi, Arduino, sensores e conectividade, un kit moi completo que permite executar tanto GNU/Linux como Android.
10 anos de Arduino. Arduino Day 2014
O 29 de Marzo celébrase a nivel global un evento de celebración dos 10 anos de Arduino, plataforma de Hardware Libre creada para facilitar a creación de proxectos interactivos.
A asociación makers.lugo, da que forman parte algúns membros de Ghandalf, uníndose ás celebracións globais do Arduino Day 2014 #ArduinoD14 organiza un evento aberto e para tódolos públicos, que terá lugar na Casa da Xuventude, Rúa Xesús Bal e Gay, a mañá do sábado 29 de Marzo, de 10:30 a 13:30.
Os vindeiros 30 de novembro e 1 de decembro vaise celebrar na Ágora da Coruña a segunda edición da OSHWDEM, xornada aberta e demostrativa sobre Open Source Hardware, onde poderás atopar robots, impresoras 3D e electrónica para todos os públicos
É un evento aberto e gratuíto de carácter tecnolóxico cun formato innovador e participativo, centrado no Open Source Hardware (Hardware Libre) Dá continuidade ás edicións anteriores, que foron todo un éxito de público, e a eventos similares celebrados ao longo de toda España Promovida pola Asociación GHANDALF, e organizada pola asociación BricoLabs, na edición 2013 ampliamos tanto os contidos do evento como o aforo e maila duración do mesmo Se estás interesado no Open Source Hardware, en Arduino, nas impresoras 3D, en escáneres de obxectos reais, na montaxe de circuítos electrónicos, nos robots, arte dixital, software libre embebido, electrónica en xeral, etc.
Xornada sobre xeomática e software libre no IES Xulián Magariños
Este martes 19 de novembro a Asociación GHANDALF vai impartir unha xornada de divulgación e formación dirixida aos alumnos dos Ciclos Superiores de Informática do IES Xulián Magariños de Negreira.
A temática da devandita xornada vaise centrar nos Sistemas de Información Xeográfica baseados en Software Libre, tendo como obxectivo amosarlle a panorámica xeral deste ámbito e a súa relación co Software Libre aos alumnos dos ciclos de formación profesional do Centro.