Charlas de OpenStreetMap en centros de ensino galegos

O pasado martes varios membros de Ghandalf votámonos á estrada para dar varias charlas en centros de ensino galegos. Pola maña estivemos en Coristanco, no CPI Alcalde Xosé Pichel, e pola tarde en Negreira, no IES Xulián Magariños. En ambos casos a temática das charlas era OpenStreetMap, cunha introdución á información xeográfica e as vantaxes dos mapas para transmitir información, así como a importancia de que os datos, igual que o software, sexan libres.
Ver máis →

PyDay Galicia 2016

] El grupo de Python Vigo en colaboración con la asociación de Software Libre Ghandalf organizan el Sábado, 17 de Septiembre en Vigo, el PyDay Galicia 2016. El PyDay es un evento impulsado por la Asociación Python España para dar visibilidad a las comunidades locales de Python y dar a conocer este lenguaje libre de programación a través de charlas, talleres, meetups y dojos. Habrá muchos PyDays que se celebrarán en la semana del 12 al 18 de septiembre en toda la geografía española.
Ver máis →

A OSHWDem 2016 xa ten data

A OSHWDem, que naceu impulsada pola Asociación GHANDALF e organizada dende BricoLabs vai celebrar este ano a súa quinta edición. O evento terá lugar o sábado 5 de Novembro na Domus de A Coruña e como sempre virá cargada de novidades. Permanece atento a súa páxina web para ir coñecendo todas as novidades que terá a edición deste ano. Dende GHANDALF seguiremos apoiando o evento como en tódalas edicións anteriores, tratando e poñer a Galicia no mapa do movemento maker durante unhas horas.
Ver máis →

A Xunta de Galicia publica o Plan de Software Libre para o ano 2016 no que GHANDALF colabora

Este mes de maio publicouse o Plan de Software Libre para o ano 2016 da Xunta de Galicia. Este plan define as liñas de actuación da administración nesta materia. Ao mesmo tempo e como vén sendo habitual dende fai varios anos, GHANDALF asinou coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), xunto con outras asociacións un convenio de colaboración para a realización durante todo este ano de diferentes actividades de difusión do Software Libre.
Ver máis →

Renovación da Xunta Directiva

Despois de dous anos, este pasado mes de marzo tocou renovación da Xunta Directiva da asociación. Na asemblea celebrada só se presentou unha candidatura que foi aprobada polos socios quedando conformada a nova xunta directiva como segue: Presidente: Roberto Vieito Raña Secretario: Pablo Sanxiao Roca Tesoureiro: Francisco Puga Alonso Vogal: Juan Ignacio Varela García A nova xunta será a encargada de potenciar as actividades de difusión en prol do Software Libre que como cada ano se realizan dende a asociación.
Ver máis →