DronDay, un día para aprender todo sobre drons

Dende fai un tempo na Asociación estamos a investigar sobre as posibilidades de uso de drons e software libre para obter imaxes aéreas que poidan servir como cartografía base para certos proxectos e ser empregadas xunto con OpenStreetMap. Para iso contamos coa colaboración de Xeoinquedos e xuntos estivemos a explorar varias opcións ata que contactamos coa xente do proxecto DroneMapZ de Zaragoza, quenes levaban xa tempo explorando tamén esta vía.
Ver máis →

Nova web do libro Máster Software Libre en Galicia, Ano II

Publicamos unha nova páxina web adicada ao libro Máster Software Libre en Galicia, Ano II, libro, que editamos dende a Asociación GHANDALF fai xa uns anos, e que recolle os traballos fin de mestrado dos alumnos da segunda edición do Máster de Software Libre, traducidos ao galego. Dende GHANDALF, cremos na importancia da difusión do Software Libre, así como na importancia de dispoñer de documentación en galego que achegue esta o coñecemento aberto á nosa terra.
Ver máis →

Os vindeiros 30 de novembro e 1 de decembro vaise celebrar na Ágora da Coruña a segunda edición da OSHWDEM, xornada aberta e demostrativa sobre Open Source Hardware, onde poderás atopar robots, impresoras 3D e electrónica para todos os públicos

É un evento aberto e gratuíto de carácter tecnolóxico cun formato innovador e participativo, centrado no Open Source Hardware (Hardware Libre) Dá continuidade ás edicións anteriores, que foron todo un éxito de público, e a eventos similares celebrados ao longo de toda España Promovida pola Asociación GHANDALF, e organizada pola asociación BricoLabs, na edición 2013 ampliamos tanto os contidos do evento como o aforo e maila duración do mesmo Se estás interesado no Open Source Hardware, en Arduino, nas impresoras 3D, en escáneres de obxectos reais, na montaxe de circuítos electrónicos, nos robots, arte dixital, software libre embebido, electrónica en xeral, etc.
Ver máis →