Nova web do libro Máster Software Libre en Galicia, Ano II
Publicamos unha nova páxina web adicada ao libro Máster Software Libre en Galicia, Ano II, libro, que editamos dende a Asociación GHANDALF fai xa uns anos, e que recolle os traballos fin de mestrado dos alumnos da segunda edición do Máster de Software Libre, traducidos ao galego.
Dende GHANDALF, cremos na importancia da difusión do Software Libre, así como na importancia de dispoñer de documentación en galego que achegue esta o coñecemento aberto á nosa terra. Por iso, dende o principio, unha das nosas principais actividades foi a da edición de libros sobre Software Libre na nosa lingua, comenzado pola tradución dun libro de referencia como foi Creando Software Libre, de Karl Fogel, e as ata o de agora dúas publicacións dos traballos da primeira e segunda edición do Máster.
Nesta nova páxina web pódese atopar un pouco de historia do libro, quen participou, os prólogos e epílogos que diferentes entidades nos fixeron para o mesmo, e o máis importante, os enlaces para a súa descarga, en formato libre e editable, xa que o mesmo se publica baixo licenza creative commons.
Para rematar, salientar que o desenvolvemento desta nova páxina web, de igual xeito que no seu momento a edición da versión impresa, foi posible grazas ao convenio de colaboración asinado coa AMTEGA para a difusión do Software Libre.