Ghandalf e Xeoinquedos organizamos a primeira Geocamp ES

O mundo das tecnoloxías de información xeográfica e o software libre están a ter cada vez un peso máis grande no mundo no que vivimos, tanto dende o punto de vida persoal como profesional. Nos últimos anos estase a vivir un movemento de xente con grandes inquedanzas sobre estos temas e están a aparecer grandes profesionais do sector que falan Galego e que participan en proxectos e xornadas de caracter nacional e internacional.
Ver máis →

Libro “Máster Software Libre en Galicia, ano II”

No ano 2012 a Asociación GHANDALF elaborou o libro “Máster Software Libre en Galicia, ano II”, sendo o mesmo unha escolma dos principais traballos levados a cabo polos alumnos deste Máster na súa edición galega do curso 2008-2009. Deste xeito, inclúe os traballos de: Manuel Fontán García Pedro García Rodríguez Javier Jardón Cabezas Beatriz Montero Fernández José Puente Fuentes Manuel Rego Casasnovas A maiores dos contidos citados, o libro contra cun prólogo xentilmente elaborado pola Asociación de empresas galegas de software libre (AGASOL) e con epílogo obra do GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux).
Ver máis →

O 17 de novembro celébrase na Ágora da Coruña a OSHWDEM, xornada aberta e demostrativa sobre Open Source Hardware onde poderás atopar robots, impresoras 3D e electrónica para todos os públicos

Vai ser un evento aberto e gratuíto de carácter tecnolóxico con un formato participativo e innovador, centrado no Open Source Hardware, ou Hardware Libre. Retoma o testigo da Arduino Barcamp organizada por Inestable no ano 2011 e dá continuidade a eventos similares como a OSHWCON celebrado en Madrid en Setembro deste mesmo ano. Promovida pola Asociación GHANDALF, e organizada polo grupo de traballo BricoLabs, conta coa colaboración de asociacións de Usuarios de Software Libre como Inestable, axentes do mundo do OSHW como Clonewars ou RadikalBytes, así como das empresas Farnell e Bricogeek.
Ver máis →

Gnome 3 Launch Party Galicia

Co lanzamento da versión 3, o proxecto Gnome dá un enorme salto cualitativo tanto dende o punto de vista tecnolóxico, como dende o punto de vista funcional. Deste xeito, a versión 3 representa a nova xeración do escritorio libre por excelencia. Para difundir a trascendencia deste lanzamento, o vindeiro xoves 28 de abril na aula 3.1 da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, celebraremos a Gnome 3 Lauch Party galega.
Ver máis →

Xornada sobre Software Libre e Licenciamento no IES Xulián Magariños

O pasado 2 de novembro, a Asociación GHANDALF impartiu unha xornada de divulgación e formación dirixida aos alumnos dos Ciclos Superiores de Informática do IES Xulián Magariños de Negreira. A temática da devandita xornada foi “Software Libre e Licenciamento”, tendo como obxectivo amosarlle a panorámica xeral do licenciamento (propiedade intelectual, dereitos de autor, licenzas) e a súa fortísima relación co Software Libre, facendo fincapé naquelas cuestións de máis interese dende o punto de vista de toma de decisións estratéxicas por parte dun prescritor de tecnoloxía, o cal con toda seguridade vai ser o rol de moitos dos asistentes á Xornada.
Ver máis →