A asociación GHANDALF somos una entidade sen ánimo de lucro. Traballamos na divulgación da cultura libre: Software Libre, Hardware Libre e Datos Abertos.
Para acadar este obxectivo artellamos actividades de todo tipo, organizando e colaborando en eventos, obradoiros, faladorios… en calquera sitio onde se difunda a cultura libre podes atopar unha ghandalfeira.
Como asociación galega queremos facer fincapé na difusión da cultura libre na nosa lingua, así como conseguir que haxa máis documentación técnica en Galego, por iso facemos proxectos de edición e tradución de documentación relacionada co Software Libre en Galego. Podes botar un ollo ás nosas publicacións.
Tamén pensamos que é moi importante difundir os valores do Software Libre e a cultura libre entre a rapazada, por iso tratamos de organizar charlas e obradoiros en centros de ensino galegos.
Se quixeres colaborar na mellora da sociedade desde o punto de vista da tecnoloxía, dende Asociación GHANDALF estaremos encantados en prestarche toda a axuda que poidamos.
2019-05-07
#dron
#mapas
#openstreetmap
O pasado venres tivemos a sorte de compartir unha xornada coas rapazas e rapaces do CEIP Virxe do Carmen en Sober. A idea era introducilos no mundo da cartografía colaborativa da man do proxecto OpenStreetMap e mostrarlles como os drons nos poden axudar nesta tarefa de cartografiar o mundo empezando polo sitio donde vivimos.
A xornada estivo dividida en tres partes. Comezamos por repasar conceptos básicos sobre os mapas, que elementos conteñen, como se fan e como nos sirven para contar historias.
2017-08-25
O pasado mes de Xuño, Ghandalf e Xeoinquedos organizamos o primeiro DronDay en Galicia, onde contamos coa axuda da xente do proxecto proxecto DroneMapZ, quenes viñeron dende Zaragoza para amosarnos a súa experiencia no uso de drons para mapeado.
A xornada empezou pola maña para facer unha demostración de voo con dous drons diferentes, un modelo comercial e un modelo maker, construído a partires dun placa ArduPilot, de hardware libre. Con ambos aparatos fixéronse vairos voos en dúas ubicacións diferentes nos arredores de Vigo, facendo tanto voos manuais como automáticos, programando os drons para sacar fotografías dunha área determinada, que posteriormente se ían empregar para xerar imaxes xeorreferenciadas coas que poder editar diferentes elementos en OpenStreetMap.
2017-06-09
#dron
#openstreetmap
#software-libre
Dende fai un tempo na Asociación estamos a investigar sobre as posibilidades de uso de drons e software libre para obter imaxes aéreas que poidan servir como cartografía base para certos proxectos e ser empregadas xunto con OpenStreetMap. Para iso contamos coa colaboración de Xeoinquedos e xuntos estivemos a explorar varias opcións ata que contactamos coa xente do proxecto DroneMapZ de Zaragoza, quenes levaban xa tempo explorando tamén esta vía.
2016-11-07
#eventos
#maker
#oshwdem
Esta pasada fin de semana celebrouse unha nova edición da OSHWDem, que bateu tódolos récords en canto a asistencia e participación.
Un total de 2150 asistentes. 43 proxectos diferentes expostos na feira makerspaces de toda Galicia: Recuncho Maker, Makers Lugo, Pontemaker, Clou Wars, Tropa Korriban… máis de 100 makers na exposición contando a todo o persoal dos distintos proxectos e charlas Unhas cifras que fan deste evento un dos máis importantes na escena maker e que fala do bo traballo que está a desenvolver BricoLabs, artífice principal da organización coa axuda de GHANDALF.
2016-10-25
E xa van 4… Vigo, A Coruña, Sevilla e este ano Barcelona.
Este pasado fin de semana varios membros de Ghandalf participaron na GeocampES que tivo lugar en Barcelona. Esta foi a cuarta edición dun evento que naceu impulsado por Ghandalf e o grupo de Xeoinquedos galego, e que entre todos os grupos de xeoinquedos nacionais tomou forma de evento nacional, converténdose no evento de referencia para estes. Despois das primeiras edicións galegas en Vigo e A Coruña o ano pasado excedeu as fronteiras celebrándose en Sevilla, este ano en Barcelona, e xa se fala da próxima GeocampES 2017 en Almería.