Esta pasada fin de semana celebrouse unha nova edición da OSHWDem, que bateu tódolos récords en canto a asistencia e participación. Un total de 2150 asistentes. 43 proxectos diferentes expostos na feira makerspaces de toda Galicia: Recuncho Maker, Makers Lugo, Pontemaker, Clou Wars, Tropa Korriban… máis de 100 makers na exposición contando a todo o persoal dos distintos proxectos e charlas Unhas cifras que fan deste evento un dos máis importantes na escena maker e que fala do bo traballo que está a desenvolver BricoLabs, artífice principal da organización coa axuda de GHANDALF.