Público na Geocamp

E xa van 4… Vigo, A Coruña, Sevilla e este ano Barcelona.

Este pasado fin de semana varios membros de Ghandalf participaron na GeocampES que tivo lugar en Barcelona. Esta foi a cuarta edición dun evento que naceu impulsado por Ghandalf e o grupo de Xeoinquedos galego, e que entre todos os grupos de xeoinquedos nacionais tomou forma de evento nacional, converténdose no evento de referencia para estes. Despois das primeiras edicións galegas en Vigo e A Coruña o ano pasado excedeu as fronteiras celebrándose en Sevilla, este ano en Barcelona, e xa se fala da próxima GeocampES 2017 en Almería.

A GeocampES é unha xeo-desconferencia, un evento no que todos os participantes toman un papel máis activo dentro da creación do mesmo. Ten a súa orixe no concepto de Barcamp. É un día para o intercambio de experiencias, coñecementos e valores en torno a todo aquelo que ten que ver co XEO e o non tan XEO, pero sempre arredor do software libre.

Poñentes da GeocampES

Este ano houbo un total de 12 charlas temáticas nas que se falou de CARTO, o proxecto de moda para a visualización de datos a través de mapas e que está a virar cara o mundo da Location Intelligence, con clientes en todo o mundo. Falouse do proxecto MissingMaps, orientado á axuda humanitaria e relacionado con OpenStreetMap, do que tamén se falou. Presentouse o proxecto What3Words, que permite a xeocodificación en lugares que non teñen definido un sistema de direccións postais e presentáronse tamén as novidades do proxecto Mapillary, unha alternativa a Google Stretview con fotos colaborativas. Mesmo houbo tempo tamén para a presentación do libro libre sobre Sistemas de Información Xeográfica de Víctor Olaya.

Vémonos o próximo ano en Almería.