A asociación GHANDALF somos una entidade sen ánimo de lucro. Traballamos na divulgación da cultura libre: Software Libre, Hardware Libre e Datos Abertos. Para acadar este obxectivo artellamos actividades de todo tipo, organizando e colaborando en eventos, obradoiros, faladorios… en calquera sitio onde se difunda a cultura libre podes atopar unha ghandalfeira.

Como asociación galega queremos facer fincapé na difusión da cultura libre na nosa lingua, así como conseguir que haxa máis documentación técnica en Galego, por iso facemos proxectos de edición e tradución de documentación relacionada co Software Libre en Galego. Podes botar un ollo ás nosas publicacións.

Tamén pensamos que é moi importante difundir os valores do Software Libre e a cultura libre entre a rapazada, por iso tratamos de organizar charlas e obradoiros en centros de ensino galegos.

Se quixeres colaborar na mellora da sociedade desde o punto de vista da tecnoloxía, dende Asociación GHANDALF estaremos encantados en prestarche toda a axuda que poidamos.

Logo Asociación Ghandalf

Participación de GHANDALF na LSWC (evento alternativo á OSWC)

Tras da cancelación, por parte da Junta de Andalucía, da OSWC, as empresas que forman ASOLIF (Federación de Asociacións de Empresas de Software Libre de España) deron unha tremenda sinal de madurez por parte do tecido empresarial relacionado co Software Libre mediante a organización dun evento substitutivo, a celebrarse no mesmo lugar nas mesmas datas, e co mesmo obxectivo: a difusión e promoción do Software Libre e de casos de éxito do seu uso.
Ver máis →

Ghandalf colabora na VII GUADEC-Hispana

Os vindeiros dias 22 e 23 de Xullo terá lugar na Facultade de Informática da Coruña a VII GUADEC-Hispana. Este evento reunirá á comunidade de desenvolvedores e usuarios de fala hispana do proxecto GNOME. O programa de este ano inclúe moitos temas interesantes para os asistentes que queiran coñecer como empezar a participar nunha comunidade de Software Libre. Pero tamén permite coñecer as últimas novidades do proxecto GNOME e canto á súa aplicación a tecnoloxías móbiles, estudos da súa comunidade, melloras en acecesibilidade, as implicacións dos novos navegadores ou o soporte de sistemas Multitouch, entre outros moitos temas.
Ver máis →

A Asociación GHANDALF inicia a Convocatoria Pública para a concesión de 2 Bolsas para desenvolvemento de PFCs Software Libre

A Asociación GHANDALF, ao abeiro do Convenio 2010 entre as Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre e maila Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, inicia o proceso de concesión de dúas Bolsas a estudantes universitarios de disciplinas técnicas relacionadas co Software (Enxeñería Informática, Telecomunicacións, Industriais e relacionados) para que o Proxecto Fin de Carreira (PFC) que leven a cabo desenvolva sistemas/aplicacións Software Libre, ou aporte valor técnico no ecosistema do Software Libre.
Ver máis →

A GUADEC Hispana volve a A Coruña

Este ano a GUADEC Hispana volve a A Coruña. Esta edición, a septima xa, celebrarase os dias 22 e 23 de xullo na Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Será unha boa oportunidade de compartir horas con desenvolvedores e xente importante da comunidade GNOME hispano falante así como coñecer de preto as novidades e o estado do proxecto. GHANDALF estará presente nesta edición coma colaborador da man de GPUL e GNOME Hispano, asociacións organizadoras do evento.
Ver máis →

Participación de GHANDALF no V Curso de Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano

O V Curso de Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano é unha iniciativa de Enxeñería Sen Fronteira Galicia en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela que persegue mostrar as/aos alumnas/os unha visión global das causas e consecuencias da pobreza e da desigualdade no mundo e a necesidade de xuntar esforzos e adquirir un compromiso activo para poder combater esas situacións. No discorrer do curso vaise facer fincapé na importancia de por a tecnoloxía e a enxeñería a servicio do desenvolvemento, entendéndoas e aplicándoas dentro do entorno cultural, político, social, económico e ambiental en que se empregan.
Ver máis →