A asociación GHANDALF somos una entidade sen ánimo de lucro. Traballamos na divulgación da cultura libre: Software Libre, Hardware Libre e Datos Abertos. Para acadar este obxectivo artellamos actividades de todo tipo, organizando e colaborando en eventos, obradoiros, faladorios… en calquera sitio onde se difunda a cultura libre podes atopar unha ghandalfeira.

Como asociación galega queremos facer fincapé na difusión da cultura libre na nosa lingua, así como conseguir que haxa máis documentación técnica en Galego, por iso facemos proxectos de edición e tradución de documentación relacionada co Software Libre en Galego. Podes botar un ollo ás nosas publicacións.

Tamén pensamos que é moi importante difundir os valores do Software Libre e a cultura libre entre a rapazada, por iso tratamos de organizar charlas e obradoiros en centros de ensino galegos.

Se quixeres colaborar na mellora da sociedade desde o punto de vista da tecnoloxía, dende Asociación GHANDALF estaremos encantados en prestarche toda a axuda que poidamos.

Logo Asociación Ghandalf

O Master de Software Libre xa se pode cursar por módulos

O Master de Software Libre organizado pola empresa galega Igalia e a Universidade Rey Juan Carlos xa permite cursar algúns módulos de xeito independente. A inscrición xa está aberta para os seguintes módulos: Administración e Integración de Sistemas con Software Libre Desarrollo en entornos desktop/mobile con Software Libre Desarrollo en entornos web con Software Libre Cada un dos módulos poderase cursar dende 980€ grazas a política de descontos do Master coma por exemplo ser socio dalgúns GULs entre eles Ghandalf.
Ver máis →

Charla para o Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia

GHANDALF realizará este venres no Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, delegación de Vigo de 19:00 a 21:00h unha charla de Introdución ó Software Libre e ó Sistema Operativo Ubuntu. Durante a sesión, tratarase de que os asistentes comprendan o concepto do Software Libre así como de amosar o uso e estado do Software Libre no escritorio practicando co sistema operativo Ubuntu. Introdución Qué é o Software Libre? Por qué é útil para empresas, administracións e usuarios?
Ver máis →