O 17 de novembro celébrase na Ágora da Coruña a OSHWDEM, xornada aberta e demostrativa sobre Open Source Hardware onde poderás atopar robots, impresoras 3D e electrónica para todos os públicos
Vai ser un evento aberto e gratuíto de carácter tecnolóxico con un formato participativo e innovador, centrado no Open Source Hardware, ou Hardware Libre.
Retoma o testigo da Arduino Barcamp organizada por Inestable no ano 2011 e dá continuidade a eventos similares como a OSHWCON celebrado en Madrid en Setembro deste mesmo ano.
Promovida pola Asociación GHANDALF, e organizada polo grupo de traballo BricoLabs, conta coa colaboración de asociacións de Usuarios de Software Libre como Inestable, axentes do mundo do OSHW como Clonewars ou RadikalBytes, así como das empresas Farnell e Bricogeek.
Participación de GHANDALF no V Curso de Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano
O V Curso de Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano é unha iniciativa de Enxeñería Sen Fronteira Galicia en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela que persegue mostrar as/aos alumnas/os unha visión global das causas e consecuencias da pobreza e da desigualdade no mundo e a necesidade de xuntar esforzos e adquirir un compromiso activo para poder combater esas situacións. No discorrer do curso vaise facer fincapé na importancia de por a tecnoloxía e a enxeñería a servicio do desenvolvemento, entendéndoas e aplicándoas dentro do entorno cultural, político, social, económico e ambiental en que se empregan.
O Master de Software Libre xa se pode cursar por módulos
O Master de Software Libre organizado pola empresa galega Igalia e a Universidade Rey Juan Carlos xa permite cursar algúns módulos de xeito independente. A inscrición xa está aberta para os seguintes módulos:
Administración e Integración de Sistemas con Software Libre Desarrollo en entornos desktop/mobile con Software Libre Desarrollo en entornos web con Software Libre Cada un dos módulos poderase cursar dende 980€ grazas a política de descontos do Master coma por exemplo ser socio dalgúns GULs entre eles Ghandalf.